Distribúen 1.650 cheques agasallo en Caldas para fomentar as compras

Comercio
S. E.
Un momento da reunión cas Anpas Fo to: C. C.

caldas. O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey e o concelleiro de Comercio, Jacobo Pérez, participaron nunha reunión coas Anpas e directores dos diferentes centros de ensino do municipio co obxectivo de xestionar a través destas asociacións a entrega dos cheques. Así, cada alumno ou alumna escolarizada en Caldas, independentemente da idade, recibirá un boleto. O Centro Comercial Aberto de Caldas (CCA) co apoio do Concello iniciou a entrega de 1.650 cheques agasallo cun desconto de 3 euros cada un, que se poderán trocar nas tendas asociadas ao Centro Comercial Aberto en compras superiores a 10 euros. Concretamente, os bonos están sendo repartidos entre o conxunto do alumnado escolarizado en Caldas de Reis. Este foi o modelo acordado entre Concello e CCA para a súa distribución porque ademais de facilitar o proceso supón un acicate para os nenos e nenas que son un dos colectivos sociais que máis desfruta das festas de Nadal. Esta iniciativa parte do CCA e conta co apoio económico do Concello. Supón a introdución directa no tecido comercial de case 5.000 euros, contribuíndo así á súa reactivación. Os bonos , destinados a fomentar as compras, poderanse empregar ata o 9 de xaneiro, xa que se cubre a campaña de Nadal. s. e.