Enrique Neira e Eva Penedo fanse cos galardóns Ferro Couselo

Premios
ARCA

Valga. A santiaguesa Eva Penedo Vázquez é a gañadora da XXII edición do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co traballo Dona Emilia Pardo Bazán, cando a literatura se converte en antropoloxía, no que se analizan os elementos da antropoloxía galega que aparecen na obra da ilustre escritora galega. Foron catro as investigacións que concorreron ao certame nesta modalidade. Penedo recibirá catro mil euros e a súa obra será publicada.

Na segunda modalidade foron tres as propostas, e a gañadora foi a de Enrique Manuel Neira Pereira, tamén de Santiago. Nesta modalidade convócase unha bolsa de estudos dotada con 3.000 euros para proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga. O traballo de Neira Pereira afonda na orixe da tradición do cultivo das viñas e da produción e exportación. arca