Evacúan en helicóptero a un aficionado ao motocrós que caeu

Accidente
O.D. Vilar
O helicóptero dos servizos sanitarios de emerxencia que se desprazou ata Estrada este mesmo sábado. Foto: Helico

Un helicóptero dos servizos sanitarios de urxencia tomou terra na Estrada para evacuar a un aficionado ao motocrós accidentado debido á gravidade das lesións sufridas, u no lugar dos feitos para prestar asistencia sanitaria ao ferido coa maior brevidade.

Foi sobre as 16.50 horas da tarde deste sábado cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chamou ao 112 Galicia para informar da caída dun motorista nunha zona de monte do lugar de Ventosela, na parroquia estradense de San Pedro de Ancorados. Durante a chamada, solicitaban a colaboración doutros equipos de emerxencia para coordinar a aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que se desprazaba cara o punto. Así, foron mobilizados os Bombeiros do Deza, os membros do GES da Estrada, os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Igualmente, desde o 112 pasouse aviso aos efectivos de Protección Civil da localidade.