Firmas na Estrada polo “tarifazo eléctrico”

Tarifa eléctrica
ARCA

A Estrada. O BNG da Estrada iniciará este mércores a recollida de sinaturas contra a suba do prezo da luz e por unha tarifa eléctrica galega, que faga máis asequíbel o prezo que pagan os veciños e veciñas pola electricidade.

Segundo explicou a portavoz municipal, Susana Camba, “hai un profundo malestar por esta suba do prezo da luz, que ao mesmo tempo coincide coa presentación de proxectos de parques eólicos no noso concello, como non se vía desde hai anos”. “O goberno español de PSOE e Podemos aprobaron unhas tarifas eléctricas que incrementará os beneficios das eléctricas a costa de empobrecer ao conxunto das clases traballadoras”, explicou. A recollida de sinaturas arranca aproveitando a feira. arca