Impulsan as melloras na ETAP de Pontecesures

Depuradora
ARCA
López, segundo pola esquerda, na visita realizada a Pontecesures

Pontecesures. A Xunta acaba de impulsar o proxecto de modernización, acondicionamento e mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pontecesures para garantir o abastecemento da poboación cunha achega de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA).

O delegado territorial da Xunta, Luis López, supervisou este martes o remate desta actuación nunha visita a estas instalacións hidráulicas xunto ao alcalde, Juan Manuel Vidal, e outros concelleiros. A instalación, que funciona desde 1986, estaba a presentar problemas nos equipos de decantación e filtración a consecuencia do deterioro ocasionado pola carga de traballo e os efectos da climatoloxía. arca