Inaugurado en Caldas o cruceiro da peregrinación

Peregrinación
S.E.
Responsables municipais e traballadores do obradoiro xunto ao cruceiro. Foto: C. C.

CALDAS DE REIS. O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, inaugurou este mércores o cruceiro Os camiños de peregrinación na Praza do Camiño, na Tafona, que foi elaborado polo alumnado do módulo de cantería do Obradoiro Dual de Emprego Os camiños do Camiño II, promovido polo Concello e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Trátase dun fito que se asemella a un cruceiro que resalta un labrado da pedra onde os motivos principais están relacionados co Camiño de Santiago. Partindo da idea de conservación do medio e da reciclaxe, optaron por aproveitar os materiais de pedra almacenados polo Concello, promovendo a súa reutilización. Sobre o pedestal ou varal sobresae unha esfera que fai as veces de capitel, onde se labrou en baixo relevo o mapa do mundo, pois de todas partes chegan os peregrinos a Caldas no seu roteiro cara a Santiago, segundo explicaron os autores. s. e.