a senda peonil na PO-214 o seu paso por Cesures

Obra Pública
ARCA
Senda peonil construida na estrada PO-214 o seu paso por Pontecesures. Foto: X. G.

`PONTECESURES. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a execución dunha senda peonil na estrada PO-214 ao seu paso polo concello de Pontecesures. Esta actuación, que supuxo un investimento da Xunta de case 50.000 euros, consistiu na construción dunha senda peonil na marxe dereita desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+860. O itinerario, cun ancho de 1,80 metros e elevado 10 centímetros sobre a calzada, dispón de pavimento de formigón reforzado con mallazo, segundo explican. Na parte que linda cos peches das fincas colocouse un bordo de xardín para separar a senda e conter o recheo, a excepción do tramo situado entre os puntos quilométricos 0+757 e 0+860. Entre o bordo que delimita a senda e a propia calzada executouse unha pequena beiravía de formigón. arca