‘La Bella y la Bestia’ e ‘Pinocho’ estarán no aniversario do Principal

Teatro
S. E.
Constenla presentando a programación do Principal FOTO/Sangiao

A Estrada. O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou os preto de 30 eventos que conformarán a programación cultural do municipio durante os meses de outono e que pecharán os actos do 75 aniversario do Teatro Principal da Estrada. E o Principal pechará o seu aniversario con propostas musicais, teatrais e literarias para todos os públicos e idades. Dentro da programación infantil e familiar, Constenla destacou a presenza na Estrada de dous musicais de gran formato como La Bella y la Bestia e Pinocho, ademais do espectáculo Golulá, “unha das propostas infantís con máis éxito da historia do teatro galego”, para o que se poderán recoller entradas a partir do luns 3 de outubro no departamento de Cultura. No eido musical, resaltou o concerto de Milladoiro, e no no apartado teatral o espectáculo Chungo da compañía madrileña Yllana. s. e