Madalena Gamalho pon a voz en Cultura Quente

Festival
ARCA
A artista caldense, Madalena Gamalho. Foto: C. C.

caldas de reis. A cantante e compositora caldense Madalena Gamalho presentará este sábado ás 22.00 horas o seu primeiro álbum discográfico Invento, nun concerto gratuíto nas Palmeiras de Caldas, no cadro da 25 edición do Festival Cultura Quente. Invento é o resultado da súa evolución vital e vocal e da sinerxía e amizade con Iván Barreiro. Un proxecto que integra letras e melodías que convidan a conmover, conectar e reflexionar sobre o ser, sobre a vida e as súas contradicións, segundo explican desde o Concello de Caldas. arca