Máis horas para a atención temperá estradense

Atención temperá
ARCA

A ESTRADA. A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobará o vindeiro luns as novas bases que rexirán a contratación do Servizo de Atención Temperá co obxectivo de aumentar a cantidade de horas prestadas. Deste xeito, os tres profesionais dos que dispón o centro pasarán a ofrecer axuda de balde 20 horas á semana. A concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, sinala que se trata dun “aumento considerable”, xa que no caso das plazas de psicólogo e terapeuta ocupacional supón un incremento do 45 por cento do seu horario, ó pasar de 11 a 20 horas semanais, e no caso do logopeda, dun 30 %, ó pasar de 14 horas semanais a 20, segundo explican ó respecto. arca