Medio milleiro de persoas visitaron a Axega no 2021

112
ARCA
Escolares nunca visita a sede da Axega na Estrada

a estrada. As precisas limitacións pola situación derivada da crise sanitaria da covid-19 non impediron que medio milleiro de persoas pasasen, no curso 2021-2022, polas instalacións da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), onde este sábado se retomaron as visitas guiadas. En concreto, recibíronse a 557 persoas, das cales 338 foron escolares. Uns datos moi positivos se temos en conta as limitacións que foron relaxándose co paso do tempo, e que permitiron, no último tramo, recuperar a normalidade. Cómpre indicar que as visitas ao 112 Galicia teñen como obxectivo mostrar as instalacións e a súa finalidade a grupos de idades e ámbitos profesionais ou formativos moi diversos. A petición para realizar as visitas, que teñen lugar cada xoves, debe facerse a través da páxina web da Axencia Galega de Emerxencias con 30 días de antelación, mentres que o número de persoas deberá estar entre os 5 mínimo e os 15 compoñentes máximo. arca