Melloran os viarios da Rúa 6 e tamén da 7 en Moraña

Mejora de infraestructuras
O.D. Vilar
Visita de Silva, primeira esquerda, e Cela, segundo, aos viarios do Concello de Moraña en obras. Foto: DP

Moraña. A localidade de Moraña está a transformar dous dos principais viarios do seu núcleo urbano con sendas actuacións de reordenación e de recuperación de espazo público para as persoas, que contan co financiamento da Deputación de Pontevedra, por máis de 317.000 euros.

Deste xeito, está en marcha a humanización da Rúa 6 e o camiño rural de Mos, ao abeiro do Plan ReacPon, con máis do 60 % executado, e está xa rematada a humanización e mellora do pavimento da Rúa 7, na que se sitúan varios equipamentos como o colexio, financiada co Plan Concellos. Os traballos foron visitados pola presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde José Cela, acompañados de concelleiros.

Silva destacou que estes traballos “van lograr que haxa espazo de calidade urbana para as persoas, seguindo o modelo de mobilidade amable da Deputación” e subliñou o esforzo que está a facer o Concello de Moraña coa elaboración de proxectos que están a presentar e conseguir financiamento”, mentras o rexedor anunciou que o Concello quere seguir ampliando a zona, dándolle continuidade aos traballos na Rúa 1. ODV