Méndez encheu a casa da cultura de Valga de contos a prol da igualdade

Contacontos
ARCA
Un momento da actuacion de Raquel Méndez na casa da cultural d e Valga. Foto: C. V

Valga. A narradora Raquel Méndez conseguiu engaiolar aos nenos que asistiron ao obradoiro Os contos da leiteira, na casa da cultura de Valga. A actividade de animación á lectura, organizada polas bibliotecas municipais, reuniu a nenos de diferentes idades que, durante case unha hora, escoitaron historias sobre mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras e sobre a condición feminina representada, ás veces, por animais que viven esas circunstancias. Na sesión de narración oral houbo contos de heroínas, de galiñas valentes ou galos fachendosos, moitas centradas na temática da igualdade e prevención da violencia de xénero. Este obradoiro promoveuse no marco do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Neste mes de outubro haberá unha nova actividade na biblioteca Brinca vai! . arca