de peregrinos en Cesures

Peregrinos
ARCA
Os deputados e responsables municipais xunto ao mirador e a nova área de descanso. Foto: D.P.P.

PONTECESURES. Os deputados provinciais Santos Héctor e Manuel González, acompañados do alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, visitaron a nova área de descanso de persoas peregrinas situada no miradoiro do Pino Manso, executada grazas ás achegas do Plan Concellos. A Deputación dedicou preto de 28.000 € a esta actuación, dun total de 43.000, para mellorar a funcionalidade e a integración paisaxística do miradoiro, e convertíndolo nun espazo de descanso para as persoas que percorren o Camiño Portugués. arca