Novo coche para a Policía Local da vila de Cuntis

Policía Local
Claudina Estévez
Manuel Campos, esquerda, e Manuel González. Foto: D.P.

Cuntis. A Policía Local de Cuntis recibiu onte un novo vehículo. No acto de entrega estivo presente o deputado provincial de Centros de Investigación, Manuel González, xunto ao alcalde do municipio, Manuel Campos Velay.

O coche, un modelo DS 4, contou cunha achega de 15.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra con cargo á Liña 1 do Plan Concellos. O goberno local achegou outros 10.000 euros para a adaptación do vehículo.

A incorporación do novo coche fai posible a renovación dunha parte fundamental do equipamento de traballo da Policía Local, como é dispoñer dun coche patrulleiro actualizado, pois o anterior era moi antigo e sufría frecuentes avarías, segundo explican fontes da Deputación. C.E.