O alumnado da Escola de Verán de Valga sae de ruta

Ruta
ARCA
Algúns dos rapaces que participaron na ruta

Valga. A Escola de Verán de Valga saíu de ruta co grupo de alumnos de máis idade, que se desprazaron xunto a varios monitores e voluntarios á Mina Mercedes. Os rapaces foron camiñando dende o colexio de Baño, no que se desenvolven as actividades estivais, ata a lagoa. Alí botáronlles comida aos patos e gansos , merendaron e realizaron un inventario das distintas especies de árbores que bordean a lagoa.

A Escola de Verán organizada polo Concello para favorecer a conciliación dos veciños durante as vacacións escolares deu comezo a mediados de mes con todas as prazas cubertas na primeira quenda, que se prolongará ata finais de xullo. Trinta rapaces de entre 4 e 14 anos participan nas actividades que se desenvolven no colexio Baño-Xanza de 9.00 a 14.00 horas e coas que se fomentan valores como a igualdade e o respecto. arca