O auditorio de Catoira acolle a presentación do proxecto Castelao e os Irmáns da Liberdade

Historia
ARCA
Teresa Castelao, unha das testimuñas do filme

Catoira. Este venres, 13 de novembro, celébrase no auditorio municipal do Concello de Catoira o acto de presentación do proxecto Castelao e os Irmáns da Liberdade, iniciativa que inclúe unha exposición e a proxección dun filme.

Esta actividade prográmase coincidindo co 70 cabodano de Castelao e o centenario da Xeración Nós (1920-2020). Segundo os seus promotores, trátase dunha “oportunidade para homenaxear o ideario fondamente humanista, transformador e sempre actual de Castelao, protagonista desa xeración histórica que, a través da produción artística e cultural, a defensa da nosa lingua e a actuación política posterior, se percatou do seu deber social de crear para sempre a cultura galega”.

Segundo a información facilitada polo Concello de Catoira o acto de presentación terá lugar o venres, día 13, ás 20.00 horas.

Ademais indican que o aforo do auditorio é de 60 prazas, polo que as persoas interesadas en acudir poden reservar a su entrada enviando os nomes, apelidos e un teléfono de contacto ou ben ao correo cultura@catoira.gal ou a través do teléfono 986 54 60 14 (ext. 2). arca