O capitel romano achado nunha finca de Valga atrae aos investigadores

Arqueoloxía
ARCA
Silvia González analizando o capitel romano. Foto: C. V.

valga. O capitel de época romana achado recentemente nunha finca de Ferreirós e cedido ao Museo da Historia está a espertar o interese de investigadores e expertos en arqueoloxía. É o caso de Silvia González Soutelo, coordinadora do proxecto Marmora Galicia, que traballa dende o ano 2012 na identificación, análise e datación de pezas de mármore de época romana, tardoromana e medieval localizadas en Galicia. O traballo desenvólveno un equipo de investigadores do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, do Instituto Catalán Arqueoloxía Clasica, do Institute for Advances Study de Madrid e da Universidade de Burdeos (Francia). González –queno ano 2005 foi gañadora do Premio de Investigación Xesús Ferro coa súa obra As augas mineromedicinais en época preromana e romana na provincia de Pontevedra– visitou o museo para analizar o capitel, que foi cedido ao Concello pola familia Freire Lorenzo e que, segundo se deprende das primeiras análises realizadas por técnicos municipais e da Dirección Xeral de Patrimonio, podería pertencer ao denominado estilo Setecoros. De feito, é moi similar a outro que se conserva no Museo da Catedral de Santiago, datado entre os séculos III e IV. arca