O Entroido encheu de festa e doces os centros educativos de Valga

Entroido 2022
ARCA
Pequenos disfrazados nunha das escolas infantis do CRA de Valga. Foto: C. V.

Valga. Os centros educativos de Valga celebraron o venres o Entroido con desfiles, concursos, xogos e degustación de doces típicos. No CEIP Baño-Xanza os festexos tiveron lugar no pavillón municipal, onde se celebrou un festival coa temática dos oficios tradicionais. No CEP Xesús Ferro Couselo houbo doces de Entroido, neste caso filloas, elaboradas por un grupo de nais de alumnos. Os rapaces participaron nunha xincana de xogos tradicionais e vestiron divertidos disfraces. As escolas rurais do CRA adicaron cada día da semana a unha temática ou área destacando o papel de distintas mulleres: Ángeles Alvariño (ciencia e oceanografía), Pepa A Loba (lendas, mitos e historia), Rosalía de Castro (literatura e escritura) e Maruja Mallo (arte). E a comunidade educativa do IES celebrou o seu propio festival dedicado ás series de TV. arca