O Lagoa Fest converterá a Mina Mercedes nun parque de xogo e música

Festival
ARCA
Presentación do Lagoa Fest que se celebrará a fin de semana na Mina Mercedes. Foto: C. V.

VALga. O Concello de Valga acollerá os días 11 e 12 o festival Lagoa Fest, que se celebrará na Mina Mercedes, con atraccións e xogos para a cativada, música para a mocidade e outras moitas actividades dirixidas ao público familiar. A organización corre a cargo de LuxcoFuxco, e colabora o Concello. A zona de acceso á Mina Mercedes converterase nun parque con atraccións e xogos, pintacaras, actuacións como a do mago David Maestro, exhibicións a cargo do Club Kárate Valga, música ambiente e merenda gratis para os rapaces. A entrada terá un custo simbólico dun euro para colaborar con Art for Dent, asociación formada por familias galegas e asturianas que pretende visibilizar a enfermidade de Dent. A área familiar estará aberta o sábado de 16.00 a 22.00 e o domingo de 12.00 a 20.00 horas. Os concertos serán pola tarde noite. arca