O PP de Valga acusa aos socialistas de frenar inversións da Deputación

Critican o apoio ao polígono de Cuntis que din que reixeitaban ata que chegou Extrugasa
Política
ARCA

Valga. O PP de Valga acusa aos socialistas de non querer que a vila medre e acusan ao PSOE de frear as inversións da Deputación no municipio. “Despois do bochornoso espectáculo que ofreceron no pleno do venres, os concelleiros socialistas de Valga o primeiro que fixeron non foi pedir perdón aos veciños ... nin aos demais membros da Corporación. O primeiro que fixo o PSOE foi respaldar unha visita realizada por varios cargos socialistas ao alcalde de Cuntis para que a empresa Extrugasa se vaia para ese concello”, din.

“Cada día supéranse. O único que lles interesa é que Valga non avance, que non haxa melloras nos servizos, nin nas infraestruras e tampouco que a economía e o sector industrial medren. Por iso apoian que as administracións nas que gobernan, coma a Deputación, non invista en Valga”.

“O PSOE nunca apoiou a creación de solo empresarial en Valga... E agora apoian abertamente que unha das empresas punteiras do noso municipio, que tantos postos de traballo dá e que sustenta a economía de tantas familias, marche para o polígono de Cuntis “, lamentan. arca