Obradoiro de carpintería e forestal para os valgueses

Obradoiro de emprego
Claudina Estévez
Unha das especialidades do obradoiro será a carpintaría. Foto: Pexels

Valga. Os Concellos de Valga e Moraña colaboran unha vez máis en materia de formación para o emprego coa posta en marcha do Obradoiro Ulla-Umia VI, no que participarán vinte parados repartidos nas especialidades de carpintería e forestal. As persoas que estean interesadas en participar (que sexan maiores de dezaoito anos) deben acudir, canto antes, á Oficina do Servizo Público de Emprego para inscribirse.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aprobou a concesión dunha subvención de 503.987 euros para financiar os custos de formación profesional deste obradoiro. Durante nove meses os aprendices asistirán a sesións teóricas para adquirir os coñecementos necesarios

sobre estas dúas profesións e, ademais, realizarán prácticas consistentes en obras de utilidade pública, centradas na recuperación e acondicionamento de recursos endóxenos, principalmente relacionados co eido do patrimonio histórico, cultural e ambiental do concello de Valga.

No caso dos alumnos de carpintería, traballarán no acondicionamento de muíños e dunha antiga telleira, e na dotación de mobiliario a áreas como a praia fluvial de Vilarello e tamén no Camiño Portugués. c. e.