a violencia de xénero

Violencia de xénero
ARCA
Carteles contra a violencia de xénero no CIM estradense

a estrada. Dentro das actividades financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, o CIM da Estrada está desenvolvendo unha serie de obradoiros para os cursos de 2º da ESO de todos os centros educativos locais: García Barros, Antón Losada Diéguez e Nº 1. E tamén para todos os cursos (1º, 2º, 3º e 4º) do centro Nosa Señora de Lourdes. Ao longo deste curso xa se fixeron actividades, polo que con esta rolda de obradoiros remántanse as iniciativas de prevención que o CIM leva a cabo cada ano escolar. Nesta ocasión e baixo o título Desconecta da violencia dixital, trátase dun taller participativo e un espazo de aprendizaxe interactivo e vivencial onde reflexionar sobre o uso das redes. Ponse a énfase na identificación de agresións sexistas (ciberacoso sexista) e actitudes de control e dominio nas relacións (cibercontrol). arca