Os tres centros de compostaxe de Valga trataron 70.000 kilos no primeiro ano de funcionamento

compostaxe
María Rendueles
Composteiro instalado na escola infantil de Valga. Foto: C. V.

Valga. Os tres centros de compostaxe de Valga trataron 27.000 kilos de residuos no seu primeiro ano de vida, segundo o Concello. Este mes de novembro cumpriuse un ano dende a posta en funcionamento do primeiro centro de compostaxe comunitaria no marco do Plan Revitaliza, que o Concello coa colaboración da Deputación Provincial impulsou para mellorar a xestión dos biorresiduos a través da reciclaxe.

Foi o 4 de novembro de 2020 cando se puxo en marcha o centro da Avenida da Coruña. Despois, en decembro de 2020 e en marzo de 2021 entraron en servizo os da rúa Doutor de Oya Salgueiro e no colexio de Baño. Entre os tres tratáronse 27.011 quilos de residuos orgánicos e restos vexetais e lévanse obtido preto de 5.500 quilos de compost. No centro da Avenida da Coruña tratáronse 14.055 quilos entre materia orgánica (9.521) e vexetal (4.534), obténdose 2.987 quilos de compost. En Doutor de Oya Salgueiro 5.222 quilos de orgánico e 2.487 de vexetal, que deron 1.638 quilos de abono natural, e no CEIP Baño-Xanza, no que se tratan os restos do comedor escolar, entre marzo e xuño foron 5.247 quilos, 3.555 de orgánico. m. rendueles