Os voluntarios de XacobeAndo en Valga instalan un posto informativo

Camiño
Claudina Estévez
Posto informativo cos cinco voluntarios que están en Valga. Foto: C.V.

Valga. Os voluntarios europeos que están a participar no programa XacobeAndo da Xunta de Galicia e que se atopan en Valga, instalaron un posto informativo no Camiño Portugués para achegarse aos peregrinos e coñecer as súas inquedanzas e como está a resultar para eles a experiencia de peregrinar a Santiago. O posto estivo colocado xunto á área de descanso habilitada na zona de O Pino.

Os voluntarios tamén agasallaron aos camiñantes cunha torta típica dos países bálticos, a Lazy Cake, feita con galletas, leite condensada, manteiga e cacao. Nos últimos días os cinco mozos procedentes de Córdoba, Grecia, Lituania, Estonia e Letonia tamén participaron nunha actividade cos nenos da Escola de Verán, cos que fixeron marcapáxinas con cartóns e xornais vellos nos que os rapaces escribiron mensaxes e cos que agasallarán aos peregrinos que pasen por Valga.

O programa XacobeAndo é unha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta. Os voluntarios, mozos de entre 18 e 30 anos, que están na vila de Valga, realizan dende xullo e ata finais deste mes de agosto actividades en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital. c. e.