Ouzande acolleu o festival dos xóvenes intérpretes da aula do Antón Losada

Teatro
ARCA
Os polifacéticos e pequenos actores do Losada nun número na Fervenza. Foto: A. A. L.

a estrada. A Fervenza de Ouzande foi o escenario escollido para a celebración do VIII Festival de teatro escolar da Estrada organizado pola aula de teatro do Losada, Avelaíñas. O grupo, formado por arredor de 40 rapaces e rapazas de 1.º da ESO, realizou dous pases (18.00 e 19.30 h) nos que se completou o número máximo de espectadores permitidos. Os asistentes, na súa maioría familias, foron guiados polos rapaces e rapazas polos carreiros da contorna da Fervenza, que lucía vizosa nunha agradable tarde de primavera. En diversos puntos do percorrido apareceron grupos dos pequenos actores e actrices que fixeron as delicias do público con historias de curuxas, contos de medo e de risa, lendas como a de Barbude ou de Guimarei, adiviñas e refráns, números de maxia, cantigas ou a impactante aparición dun “lobo alternativo” . arca