Pavimento asfáltico para unha ducia de estradas municipais de Valga

Obras
ARCA
Unha das estradas pavimentadas no municipio de Valga

valga. Unha ducia de estradas de titularidade municipal de Valga contan cun novo pavimento asfáltico unha vez rematadas as obras de acondicionamento executadas e financiadas a través do Plan Concellos. Os traballos supuxeron o asfaltado de case 4,5 quilómetros de viais de distintas parroquias. Actuouse, en concreto, sobre as seguintes estradas: Carballa, Desabanda-Outeiriño, O Forno, Reguengo, Paredes, Laxes, Carracido, Baño, Moldes-Vilarello, Vilar, Raxoi e Balleas, que agora se atopan en condicións axeitadas para prestar un mellor servizo aos usuarios. O investimento que se realizou foi de 224.687,11 euros. Ademais do asfaltado con mestura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor, tamén se realizaron traballos de limpeza de cunetas, realce de tapas de rexistro e, nalgúns casos, instalación de canalizacións. arca