Peregrinaciónpolo Camiño Portugués desde Valga

Camino de Santiago
ARCA
Un dos tramos do Camiño Portugués polas Rías Baixas

Valga. O Concello de Valga organiza unha peregrinación a Santiago aberta á participación de todos os veciños de Valga. A actividade desenvolverase durante os meses de abril e maio e, na primeira fin de semana de xuño, celebrarase unha misa na Catedral.

A peregrinación realizarase seguindo unha das rutas xacobeas que discorre por Valga, o Camiño Portugués. As etapas son: o sábado 9 de abril, Tui-Porriño, 18 quilómetros; o 16 de abril Porriño-Redondela, 15 q. ; o 23 de abril, Redondela-Pontevedra, 18 q.; o 30 de abril, Pontevedra-Briallos, 18 q.; o 7 de maio, Briallos–Casaldeirigo (límite de Valga), 15 q.; o 14 de maio, Casaldeirigo-Hotel Scala (Padrón), 12 q.; o 17 de maio, Hotel Scala-Milladoiro, 15 q., e o 21 de maio, Milladoiro-Praza do Obradoiro, 9 quilómetros. O sábado 4 de xuño, Misa na Catedral con aforo limitado pola pandemia, con preferencia para os camiñantes.

Desde o Concello ofrécense tres posibilidades: completar o percorrido de máis de 100 quilómetros entre Tui e Santiago, o que daría dereito a recibir a Compostela; facer o traxecto entre Casaldeirigo e Compostela, ou asistir só á Misa do Peregrino. As camiñadas realizaranse pola mañá e a Mina Mercedes será o punto de encontro. arca