Pontecesures acolle unha mostra de fotos antigas do Camiño Portugués

Exposición
ARCA
Unha das fotografías da mostra do Xacobeo. Foto: C. P.

Pontecesures. A Plazuela de Pontecesures acolle, ata o vindeiro venres 23 de setembro, a exposición Pegadas. Pasado e presente do Camiño Portugués da Costa, promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permitirá que os veciños e veciñas de Pontecesures poidan afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués da Costa. O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da Costa: A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Soutomaior, Redondela, Pontevedra, Caldas, Padrón, Santiago de Compostela e, por suposto, Pontecesures. Imaxes procedentes en moitos casos do arquivo histórico dos propios concellos, pero tamén con achegas de imaxes por parte dos propios veciños. No caso do concello de Pontecesures, este proxecto enmarcado dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da Estación, da rúa José Novo, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián... A exposición inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de Pegadas. arca