Proxectan a renovación do parque de Aguiúncho

Parques infantís
ARCA
Parque infantil de Aguiúncho, sobre o que se actúa. Foto: C. C.

CALDAS. O Concello de Caldas de Reis proxecta a mellora e renovación integral do parque infantil do núcleo rural de Aguiúncho, na parroquia de San Andrés de Cesar. Así, levará ao pleno para o seu debate e, se procede, aprobación, a inclusión da instalación no Inventario Municipal de Bens. A actuación incluirase nos proxectos solicitados ao abeiro do Plan Concellos e terá un custo de 23.000 euros. O concelleiro de Obras e delegado, Manuel González, sinalou que se trata dunha actuación moi demandada pola veciñanza. arca