Rechazo do BNG estradense aos parques eólicos de Liripio e Valente

Susana Camba afirma que están “inzando de muíños de vento os nosos montes”
Energía eólica
ARCA
Monte de Castro Valente

A Estrada. A concelleira do Bloque Nacionalista Galego da Estrada, Susana Camba, mostrou o seu rexeitamento á instalación de parques eólicos no municipio. Explicou que “no BNG vemos con preocupación a nova política de parques eólicos impulsados pola Xunta e o Goberno central, que están inzando de muíños de vento os nosos montes”.

“No día de onte (polo pasado venres) coñeciamos que está en marcha o proxecto de parque eólico nos montes de Liripio”, engade, “e tamén no monte de Castro Valente entre Barcala e Herbón”. Una decisión que para a portavoz nacionalista “non é de recibo”, segundo indicou.

A concelleira afirma que “a este paso non haberá monte no noso concello sen muíños de vento e iso o goberno municipal non o pode permitir, e instaremos no vindeiro pleno a que o concello presente alegacións contra estes parques eólicos que se proxectan no noso concello”. “Unha cousa é estar a favor das enerxías limpas e outras converter o monte galego nun parque eólico xigante”, explica Camba, “que por enriba encherá o peto dunhas poucas empresas e sen que iso teña un retorno económico para os veciños e veciñas”. arca