Reclaman orzamento para ampliar o Aqua Celenis

Centros educativos
S. E.
Instituto Aquis Celenis de Caldas de Reis

Caldas de Reis. Os grupos PSdeG e BNG de Caldas de Reis presentaron onte unha moción conxunta para debater no pleno instando ao goberno da Xunta a que nos Orzamentos autonómicos do 2022 se consigne a cantidade de 1.400.000 euros para a ampliación do Instituto Aquis Celenis. Esta é a cantidade que estaba consignada no anterior orzamento autonómico, no que aparecían 200.000 no exercicio 2021 e 1.200.000 euros no 2022. Sorprendentemente estas cantidades desapareceron na recente proposta de orzamento, reducíndose ata os 50.000 €, o que é totalmente inaceptable para os grupos socialista e do BNG.

Na moción, PSdeG e BNG esixen ao Goberno galego a “que se comprometa realmente coa ensinanza pública, coa mocidade desta comarca e con esta vila, acometendo dunha vez por todas ampliación do IES Aquis Celenis”.

Na exposición de motivos os propoñentes denuncian “a falta de compromiso real por parte do goberno da Xunta de Galicia coa educación e co futuro da nosa mocidade e coa mellora das instalacións do IES Aquis Celenis”. E recordan que para garantir o futuro da mocidade de Caldas e da comarca é necesaria a implantación de cursos de FP no instituto. s. e.