ao alcalde

Política
ARCA
Alberto García, alcalde de Catoira

Catoira. A executiva local do PSdeG-PSOE de Catoira fixo público un comunicado no que mostra o seu respaldo ao alcalde, Alberto García García, “elixido por todos nós e polos veciños e veciñas de Catoira, mal que lle pese ao BNG”, dín na citada nota.

Os socialistas mostran tamén o seu apoio aos orzamentos para 2021 presentados polo rexedor “máis necesarios que nunca, tendo en conta a situación sanitaria que estamos a vivir”, indican.

A executiva do PSdeG de Catoira informa sobre este apoio tras os problemas surxidos no seo do propio grupo municipal, xa que tres dos concelleiros socialistas votaron en contra das contas presentadas polo alcalde xunto aos tres concelleiros nacionalistas da Corporación. arca