Seiscentas familias de Valga contan xa con composteiro doméstico

Residuos
ARCA
Centro de compostaxe comunitaria de Valga

valga. O Concello de Valga, a través do Plan Revitaliza posto en marcha en colaboración coa Deputación, xa ten distribuído case 600 composteiros domésticos entre familias do municipio para a reciclaxe dos residuos orgánicos. A posta en marcha deste sistema máis sustentable de xestión dos biorresiduos está a ser un éxito e o interese xerado entre os valgueses, moi alto, cunha media de entre 25 e 30 composteiros entregados en cada xornada de reparto. Estas reunións, nas que tamén se ofrecen charlas para divulgar a compostaxe entre a poboación, estábanse a celebrar estes días na parroquia de Valga e tiñan previsto trasladarse en breve a Xanza, aínda que a situación da pandemia obrigou a cambiar de plans e a suspender varias das xuntanzas que estaban previstas. En canto a situación mellore, retomarase o reparto. arca