Solicitan orzamento para acadar a homologación da Ruta da Auga caldense

Sendeirismo
ARCA
Ruta da Auga de Caldas

caldas. Caldas vén de encargar o orzamento para o desenvolvemento das actuacións que permitan a homologación do sendeiro PR-G 59 Ruta da Auga. No proxecto inicial incluirán a adquisición e colocación do material de sinalización, a adecuación á normativa e a recuperación do sendeiro. Trátase dun roteiro de carácter circular, cunha distancia duns 5,1 quilómetros que parte e finaliza na zona da Carballeira e do Xardín Botánico. Coa homologación, o percorrido permanecerá como un novo activo turístico adaptado á normativa da Federación Galega de Montañismo. Inicialmente, as actuacións previstas contemplan a dotación de tres paneis informativos, 10 postes de sinalización de continuidade, 6 de dirección equivocada, 5 de cambio de dirección, 5 frechas simples, 3 triples, así como a pintura de sinalización horizontal. arca