área da Carixa

Piscinas
ARCA
Piscinas da área recreativa da Carixa, en Vila de Cruces

Vila de Cruces. O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, estivo na fin de semana ultimando persoalmente a limpeza das piscinas da Carixa, “para que volvan lucir como fai un par de semanas”. O rexedor aproveitou para informar aos visitantes de que poden gozar das instalacións da Área Recreativa da Carixa sen ningún problema, “a pesar das comunicacións alarmantes que realizaron os grupos da oposición PP e BNG, que polo visto non lles sentou moi ben as últimas declaracións que realizou o goberno de Xuntos”, indicou.

Taboada recalca que agradece á oposición que lle informaran da necesidade de limpar novamente as piscinas para o goce dos visitantes, pero non lle gustou a forma de decatarse, debido a que “no canto de chamalo directamente preferiron dicilo nas redes sociais e na prensa, dando a entender que non fan o seu traballo correctamente”.

Do que non informaron os medios, segundo o alcalde, “é de que, por motivos da COVID-19 cambiaron as regras do xogo, porque anteriormente enchíanse as piscinas e baleirábanse posteriormente para volvelas a encher, pasando un día enteiro ou máis esa auga encharcada, e agora polo contrario mantemos un caudal de auga corrente coma se fose o propio río que estea a rexenerar esa auga constantemente, o que con leva a que arrastre sucidade proveniente do río e instálese no fondo das piscinas”, explican. Unhas piscinas, di Taboada, que “están mal chamadas, debido a que non teñen un circuíto de depuración interno, senón que se abastece directamente da auga do río, o que en moitas ocasións como agora deposita sucidade no fondo”.

Indicar que o goberno de Xuntos está a estudar a posibilidade de facer estas piscinas estancas e con circuíto propio de depuración. arca