Taller de autoestima dirixido ás valguesas

Mujeres
ARCA
Mulleres na concentración contra o triple asesinato de mulleres en Valga

Valga. A concellería de Igualdade e Benestar Social organizou un obradoiro de autoestima dirixido ás mulleres de Valga e que da comezo hoxe xoves, 30 de setembro, no auditorio municipal cunha xuntanza esta tarde, a partir das 17.00 horas.

A actividade é continuación da celebrada en maio e que se centrou nas habilidades sociais. En conxunto, trátase dunha acción que ofrece ferramentas prácticas de intervención e prevención ás mulleres de Valga en situación de vulnerabilidade. Trala primeira xornada colectiva, haberá sesións individuais enfocadas a crear un espazo seguro para a abordaxe do empoderamento feminino a través do tratamento de diferentes contidos relacionados co crecemento persoal. arca