Traballo para estradenses con discapacidade

Persoas con discapacidade
O.D. Vilar
O mandatario local da Estrada, José López, estreita a man de Beatriz Gallego, de Inserta Empleo. Foto: Puri sangiao

A Estrada. O alcalde da Estrada, José Carlos López, e a coordinadora de Desenvolvemento e Xestión de Medios e directora en funcións de Inserta Empleo en Galicia (ONCE), Beatriz Gallego, asinaron un convenio para fomentar o emprego das persoas con discapacidade do municipio. Este acordo establece un marco de colaboración para mellorar a situación no mercado laboral das persoas con discapacidade mediante o establecemento de programas de formación, captación, derivación, orientación e inclusión destas ao mercado laboral, para facilitar o seu acceso a un emprego de calidade. Así mesmo, prevé o deseño conxunto e a execución de accións específicas para mozas con discapacidade, para impulsar a súa incorporación no mercado laboral e concienciar o tecido empresarial na aposta polo talento novo. O citado convenio tamén inclúe a colaboración co tecido asociativo do municipio para que canalicen a prestación de servizos a persoas con discapacidade. O.D. Vilar