de compostaxe

Obras
ARCA
Operarios traballando no embelecemeno do centro de compostaxe

Valga. A empresa Construcións Lemos Martínez S.L. está a executar dende hai uns días traballos de acondicionamento da contorna do centro de compostaxe comunitario instalado na rúa Doutor de Oya Salgueiro de Valga. As obras lévanse a cabo no marco do Plan Revitaliza, no que colaboran o Concello e a Deputación, a través do cal se está a promover a reciclaxe dos residuos orgánicos por medio da compostaxe. O proxecto de acondicionamento conleva o embelecemento da contorna do centro combinando zonas con céspede artificial e outras con grava. Ademáis crearanse unhas bancadas con diferentes plantas aromáticas e plantaranse árbores na zona. arca