Valga axiliza as obras do colexio de Baño dando entrada a outra empresa

Infraestruturas
ARCA
Traballos no tellado do centro educativo de Baño-Xanza, en Valga. Foto: Concello de Valga

VALGA. A incorporación dunha nova empresa para reforzar a execución do proxecto de rehabilitación integral do colexio Baño-Xanza, de Valga, está a acelerar as obras que se levan a cabo no centro, no que a Consellería de Educación inviste case 800.000 euros. Esta nova empresa encárgase da instalación da cuberta nos distintos edificios que forman parte do recinto escolar. O número de operarios que traballan na colocación do tellado é dende hai días maior que nas semanas anteriores e, en consecuencia, o avance dos traballos é tamén máis visible. As tarefas lévanse a cabo fóra do horario escolar, para que non interfiran na actividade do centro e para garantir a seguridade do alumnado. No que respecta á actividade, as clases desenvólvense na planta baixa do colexio, que quedou libre de obras a finais de setembro. ARCA