Valga contará cun área de descanso para os peregrinos

Peregrinos
ARCA
Área de O Pino na que se instalará a zona de descanso

Valga. Os peregrinos que realizan o Camiño Portugués contarán proximamente cunha nova área de descanso no lugar do Pino na que poderán coller folgos para continuar coa súa viaxe ata Santiago.

Esta acción de embelecemento e posta en valor da Ruta Xacobea vén de ser adxudicada á empresa Construcións Martínez Lemos S.L. por un importe de case 20.000 euros. Para financiar as obras o Concello conta cunha subvención da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia.

Crearase unha zona cuberta mediante a instalación dunha marquesiña que servirá como punto de selado de credenciais e proporcionará abrigo ao camiñante, que poderá descansar e guarecerse do calor e da chuvia. arca