polo Samaín

Samaín
María Rendueles
Cartel anunciador do concurso valgués

Valga. As bibliotecas municipais de Valga organizan, con motivo do Samaín, o certame Cóntame un conto de medo, aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no CEIP Baño-Xanza ou no CEP Xesús Ferro Couselo da localidade.

Cada persoa só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima será de tres folios (obrigatoriamente de tamaño A-4) e que debe asinarse con pseudónimo.

Os traballos presentaranse nun sobre pechado e, no interior deste, introducirase outro sobre no que figuren o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así como un número de teléfono de contacto. Os contos entregaranse na biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do auditorio, antes do día 25 de outubro.

Establécense dúas categorías: unha para 1º, 2º e 3º cursos de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º, e haberá un premio en cada unha. m. rendueles