Valga dota de novo pavimento a unha decena de estradas da súa titularidade

Seguridad vial
ARCA
Operarios trabajando na rede viaria de Valga

Valga. Unha decena de estradas de titularidade municipal están a ser acondicionadas polo Concello de Valga como parte dun proxecto de mellora das infraestruturas viarias que promove para ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns. A inversión que se está a realizar roza os 196.000 euros, informan desde o Concello de Valga a este xornal.

As vías sobre as que se está a actuar atópanse nos lugares de Casaldeirigo, A Devesa, Ferreirós, Barro, Louro, Cernadas, Carracido, Vilar-Vilarello e A Torre. Estas pistas e camiños atopábanse en malas condicións e presentaban danos debido ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas, de aí que se proxectase esta actuación que inclúe tanto a limpeza das marxes e reapertura de cunetas, coma a pavimentación con aglomerado en quente. Tamén farase o recrecido das tapas de rexistro e a instalación de redutores de velocidade para reforzar a seguridade. arca