Valga fixa Santa Cristina e San Brais como festivos

Pleno Concello
ARCA
Un momento da sesión plenaria en Valga

valga. A Corporación de Valga fixou, no pleno ordinario e por unanimidade, os festivos locais para o ano 2023, que serán o día 3 de febreiro (San Brais) e o 24 de xullo (Santa Cristina). Aprobouse igualmente a Ordenanza Ágora reguladora da mobilidade amable, promovida pola Deputación e que dá base aos concellos para incrementar os espazos públicos destinados ás persoas, creando infraestruturas de mobilidade alternativa e activa (a pé e en bicicleta). En materia económica, na sesión foi aprobada a conta xeral de 2021, cos votos a favor do equipo de goberno e en contra do PSOE e Mareas. A conta pechouse cun remanente de tesourería positivo de 318.597,61 euros. O saldo das operacións correntes ascendeu a 465.542 euros e o aforro neto foi de 341.481,25, tal e como explicou o concelleiro de Facenda, José Ángel Souto, que destacou que “cumprimos coa normativa orzamentaria sen necesidade de adoptar ningunha medida correctiva”. arca