Valga gastará no Servizo de Axuda no Fogar dous millóns en catro anos

Servizo de Axuda no Fogar
ARCA
O alcalde, no centro, nunha sesion plenaria

Valga. A Corporación de Valga aprobou en sesión extraordinaria, e cos votos do goberno e do PSOE e en contra do concelleiro das Mareas, o expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), así como o gasto correspondente, que se estima en 2,08 millóns de euros durante os vindeiros catro anos.

O servizo sairá proximamente a licitación por un período de dous anos iniciais, con posibilidade de dúas prórrogas anuais ata un máximo de catro anualidades. O obxecto do contrato é a atención domiciliaria de persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal por motivos de índole física, psíquica ou social, ou en casos de desestruturación familiar. Teñen prioridade as persoas maiores con déficit de autonomía e persoas con discapacidade.

Na mesma sesión aprobáronse os festivos locais para 2022, que serán o día 26 de xullo, Santa Ana, e o 16 de agosto, San Roque. arca