Valga mellora unha pista municipal que discorre entre Sixto e O Carballiño

Obras
Claudina Estévez
Pista municipal entre Sixto e O Carballiño. Foto: C. Valga

VALGA. O Concello de Valga e a Consellería do Medio Rural veñen de investir 48.397 euros na mellora dunha pista municipal que discorre entre os lugares de Sixto e O Carballiño, na parroquia de Xanza. A actuación inclúese dentro das obras subvencionadas polo Plan Marco, que ten entre os seus obxectivos o acondicionamento de camiños de titularidade municipal para favorecer a mobilidade nas zonas rurais. A vía acondicionada discorre entre a estrada provincial EP-8503 (Cordeiro-Senín), á altura de Sixto, e outra estrada municipal no Carballiño, comunicando as dúas e dando servizo a parcelas agrícolas que agora contarán cun mellor acceso. As obras executáronse nunha lonxitude de 550 metros e incluíron a limpeza de cunetas, a mellora da recollida de augas pluviais, a colocación de tubaxes nos sumidoiros e a reparación do firme. C. E.