Valga repartiu trescentos agasallos deixados polos Reis para os pequenos

Agasallos
ARCA
Alumnado dunha das escolas de Valga cos agasallos deixados polos Reisefoto. Foto: C. V.

Valga. Os nenos de Valga recibiron esta semana a derradeira sorpresa do Nadal en forma de agasallos enviados polos Reis Magos que, debido á situación da pandemia, non puideron celebrar a cabalgata. A elevada taxa de contaxios de covid motivou a suspensión da recepción aos Magos pero, tratando de manter ao máximo a ilusión dos cativos, o goberno local enviou unha carta a Melchor, Gaspar e Baltasar para que non se esqueceran dos nenos valgueses. E na noite do 5 de xaneiro, deixaron no Concello os agasallos para entregarllos ao seu regreso ao colexio. O mandatario local, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez exerceron de emisarios reais e percorreron as escolas rurais de Ferreirós, Vilarello, Forno, Campaña, Xanza e Chenlo e os colexios de Baño e Ferro Couselo para darlles aos rapaces de Infantil os regalos. arca