Valga retoma as obras na fervenza de Parafita

Obras
ARCA
Pasarla na zona da fervenza de Valga

Valga. O Concello dará comezo proximamente ás obras da segunda fase de reposición da pasarela da fervenza de Parafita, co obxectivo de recuperar un dos principais puntos de interese turístico do municipio, de xeito que os visitantes poidan percorrer, por completo e con seguridade, este entorno natural.

O proxecto, no que se investirán 20.183 euros, acaba de ser contratado polo Concello á empresa Construcións Lemos Martínez S.L., que se encargará de instalar o último tramo da pasarela de madeira que permite acceder ata a zona máis próxima á fervenza. Na actualidade a instalación atópase en estado moi deteriorado. arca