Valga saca a contratación o saneamento en varias zonas do municipio

Conta cun investimento de 167.000 euros que se financiará a través do Plan de Concellos provincial
Obras
ARCA
Tubaxe para o saneamento de Valga

Valga. O Concello de Valga acaba de sacar a contratación obras para a instalación do saneamento en varias zonas do municipio, unha actuación que suporá un investimento de 167.232,62 a través do Plan Concellos 2020. O proxecto inclúe obras de colocación de colectores nos lugares de Barro-Sixto, Balleas, Reguengo, Casaldeirigo, Medela e Ínsua.

Os colectores realizaranse con tubaxe de PVC de 35 milímetros de diámetro interior para a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas, eliminando así os pozos negros e fosas sépticas existentes e reducindo posibles focos de contaminación ambiental. Irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas.

As empresas poden presentar ofertas ata o 22 de febreiro, a través da plataforma da Consellería de Facenda: https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/. arca