Valga terá mellor banda ancha, vías e alumeado

Obras
Claudina Estévez
Pola esquerda, o alcalde José María Bello, José Miñones e Maica Larriba. Foto: C. V.

VALGA. O delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, vén de realizar unha visita institucional a Valga para comprobar o resultado das obras de urbanización executadas nos últimos meses na rúa Baixa e no entorno do parque Irmáns Dios Mosquera e do Centro de Interpretación da Caña do País, cun investimento de 175.085 €, que foi aportado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. Miñones foi recibido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e polos concelleiros do equipo de goberno Carmen Gómez, Begoña Piñeiro, Malena Isorna e Pedro Calvo. Mantiveron unha xuntanza na que Bello Maneiro lle lembrou varias actuacións que o Goberno central ten pendentes de realizar na vila e plantexoulle outras melloras. Pola súa banda, Miñones anunciou un investimento para reparar estradas e infraestruturas danadas nos temporais de 2019 e outro para cambiar as luminarias. Tamén se seguirá ampliando a banda ancha. C.E.